SANTA COMBA: O NOSO LUGAR





















Santa Comba, o noso pobo, é un municipio duns 10.000 habitantes pertencente á provincia de A Coruña, en Galicia e a 58 km. ao sureste da capital. A súa xeografía é a dun terreo chairego e con suaves ondulacións, con altitudes que roldan entre os 300 e 500 metros sobre o nivel do mar. En canto ao clima, as precipitacións son habituais durante todo o ano debido ao clima de tipo Atlántico propio da bisbarra.

A súa economía está baseada na agricultura, a gandeiría e a explotación madereira. O núcleo urbán, capital do municipio e cabeza de comarca, acolle unha intensa actividade comercial, sobre todo no sector servicios. Unha vez á semana realízase un mercado ao aire libre e eventualmente, tamén feiras de gando de certa relevancia.
Este é o plano do noso Concello: Mapa de Santa Comba (parroquias e lugares) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario